Thursday 19 de September de 2024

As festas do Santiago Apóstolo en Arteixo 


“As festas de xullo de Arteixo cada ano son máis cativas” critican desde o BNG de Arteixo. 

Unha vez pasadas as festas vimos que cada ano hai menos actividade e a xente responde marchando a outras festas da contorna. 

Todos poidemos ver como xa a afluencia de xente ás festas non son as que eran en anos anteriores e  o motivo poidera estar en que este ano non houbo ambente de festas. Este ano só se fixo a Alborada  polo centro de Arteixo e non polos lugares máis cercanos. A Alborada servía ademais para  incentivar aos grupos locais para promocionarse no noso concello e este ano reducíronse estas  actuacións. 

Por non falar da falta de programación para a xuventude. A rapazada decidíu marchar ás festas  veciñas onde si había actuacións para eles e elas.  

Falabamos da falta de ambente de festa coa redución das alboradas mais tamén con un elemento  significativo e tradicional como son os foguetes que ao amencer recordaba que Arteixo estaba de  festa. 

Non só se notou esta desidia política na decisión de recurtes de actos e actuacións senón na falta de  organización e decisión política ante cambios de localización de algúns actos que sen dúbida  afectaron ao seu comezo case unha hora e se prolongou ate case a medianoite sen aire  acondicionado no Centro Cívico, como foi o acto das Habaneras. 

O BNG de Arteixo lévalle comentado ao goberno local que había que amañar o aire acondicionado  do Centro Cívico e vemos que fai caso omiso das aportacións que lle fai o BNG de Arteixo. 

Ademais, as festas deben ser participativas e deixar que as entidades e persoas podan organizar os  seus propios eventos pois todos os actos axudan a crear ambente festivo e non prohibir, a non ser  que afecten á seguridade, para facer unhas festas máis fortes. 

En próximas datas, saberemos canto se gastou nestas festas, que de seguro non foi pouco.  Estaremos ao tanto para informarlle á veciñanza o que se gastou nestas festas que deixaron moito  que desexar e provocaron frustración na xente.